Culturgal 2016 reuniu en Pontevedra a 15.000 persoas

A décima edición terá lugar entre os días 1 e 3 de decembro de 2017

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Culturgal 2016 reuniu en Pontevedra a 15.000 persoas

A novena edición da feira Culturgal reuniu en Pontevedra preto de quince mil persoas , segundo as estimacións da organización do evento. As cifras sería moi similares ás do pasado ano e permiten dicir que “está consolidado e establecido no calendario, nun espazo e nunha cidade que é Pontevedra”, sinala Manuel Bragado, presidente de Culturgal nun comunicado da organización. Desde o equipo organizador xa comezaron traballar na seguinte edición, a décima, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de decembro no Pazo da Cultura. Con nove edicións ás costas “xa podemos dicir que hai nenas e nenos que creceron con Culturgal”, apunta Bragado. E seguindo co paralelismo das idades, o presidente de Culturgal reseña que a Feira xa é “adulta” e que debe afrontar novos retos. “Estamos convencidos da necesidade de abrir e proxectar Culturgal fóra, interactuar con outros ámbitos e debuxar novos horizontes. Desde Pontevedra, a cidade na que esta Feira medrou e consolidouse. Sentímonos e percibímonos como unha comunidade, unha comunidade que se construíu ao redor de Culturgal e coa décima edición na cabeza debemos asumir novos retos”, remata Bragado.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Pontevedra, Feira, Manuel Bragado

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares