Jacobo Sutil, director de AGADIC, e Manuel Bragado, presidente de Culturgal, asinaron un convenio de colaboración polo que a ConsellerÃa de Cultura apoia "o desenvolvemento de actividades culturais e profesionais no marco de Culturgal 2015", que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro. O convenio significa que o Culturgal recibirá 50.000 euros "que fan da ConsellerÃa o patrocinador fundamental", afirman desde Culturgal.
Hoxe pola mañán o presidente de Culturgal Manuel Bragado e o director da Agadic Jacobo Sutil asinaron un convenio de colaboración polo que a ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia "o desenvolvemento de actividades culturais e profesionais no marco de Culturgal 2015, que terá lugar en Pontevedra do 4 ao 6 de decembro, mediante unha programación que contempla actuacións en directo de música e artes escénicas, presentación de produtos, proxectos e servizos, proxeccións audiovisuais, encontros entre profesionais e creadores e entre estes e o público asistente, ademais de debates, foros de opinión e obradoiros".
Ademais da achega de 50.000 euros para a oitava edición da Feira que fai da consellerÃa un patrocinador fundamental, o documento asinado recoñece Culturgal como espazo de referencia para os axentes do sector cultural. Máis novas, boas, en breve.