Culturgal celebrará máis de duascentas actividades

Celebrarase do 29 ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Participantes na rolda de prensa

Participantes na rolda de prensa

Do 28 de novembro ao 1 de decembro celebrarase no Pazo da Cultura unha nova edición do culturgal. Así foi anunciado esta mañá durante a presentación oficial do evento que acollerá 200 actividades, 100 expositores e 500 artistas. Entre os eventos destacados do programa, a primeira "Ultranoite Cultureta" do grupo Chévere, os 30 anos do bravú coa proxección dun documental e o grupo Xangai. Magín Blanco estreará no Culturgal un espectáculo que será o de despedida da serie 'A nena e o grilo'. Entre os escritores participantes, estarán Manuel Rivas e Olga Novo. As entradas xa están á venda. Na rolda de prensa participaron ademais Víctor López, presidente do Culturgal, Manuel González, presidente de PuntoGal, Jacobo Sutil, director do Agadic, Rafael Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e Anabel Gulías, concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito