Victor López, presidente da Culturgal, Xosé Aldea, director da feira, Jacobo Sutil, director da Agadic, Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra, e Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial, daban a coñecer na mañá deste 20 de novembro o programa da nova edición de Culturgal. A Feira das Industrias Culturais Galegas presentou uns contidos que, na súa maior parte, serán accesibles en liña entre o 27 e o 29 deste mes, cun total de 70 actividades e preto de 20 horas de emisión en cada unha das tres canles temáticas simultáneas dedicadas á edición, a escena e a música. De calquera xeito, pódese participar de xeito presencial na feira, con prazas limitadas e medidas adaptadas á situación sanitaria. Segundo destacou na presentación Jacobo Sutil "Culturgal é punto de inflexión no ano en curso e no que vén, polo que non podÃa deixar de facerse",mentres a Carmen Fouces apuntou que "Non hai pandemia que poida coa Culturgal".
Na organización desta xeira, a Canle Libro, conducida pola xornalista Esther Estévez, contará con Manuel Rivas, Ledicia Costas, Berta Dávila, Antón Patiño, Miguelanxo Prado, Alberto Vázquez, Kiko da Silva, Suso de Toro e moitos máis nomes do mundo a literatura, a ilustración ou a banda deseñada. Retransmitido desde o Teatro Principal de Pontevedra, este espazo achegará "novidades e xéneros, conversas, os premios do ano, e, por suposto, propostas temáticas ao redor das grandes cuestións derivadas da pandemia que preocupan a creadores, empresas, institucións e sociedade, en xeral".
Desde a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, a Canle Foro achega un programa de "performance, poesÃa ou artes escénicas. Tamén encontros ao redor do galego no ensino, na xustiza ou na televisión. Incluso tempo de ópera e breakdance". Mónica Mura, o Centro Dramático Galego, Carlos Varela, RosalÃa Fernández Rial, Marta Pérez, Antón Reixa, Aldaolado, Ana RomanÃ, Vella Escola e moitos máis nomes danse cita nesta canle, conducida pola actriz Iria Sobrado.
Finalmente, na Canle Escena desenvolveranse a transmisións ao vivo desde o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra dos novos espectáculos musicais de Luar na Lubre ou Susana Seivane, canda a unha ampla programación para o público familiar. A actriz Diana Sieira será a responsable da presentación.
O único espazo do programa que non contará con retransmisión será a sala de cinema, na que se proxectarán catro longametraxes de ficción e dous documentais. Ons, de Alfonso Zarauza, con concerto da banda Chicharrón, abrirá a feira o venres 27. A illa das mentiras, de Paula Cons, Arima, de Jaione Camborda, Longa noite, de Eloy Enciso, e os documentais Dorothé na vila, de Alejandro Gándara e Olaia TubÃo e A media voz, Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández, conforman a proposta cinéfila do evento.