O Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, reivindÃcase como un evento "consolidado e establecido no calendario" na memoria sobre a súa última edición, que acaba de publicar na rede. Segundo salienta Manuel Bragado, presidente da Asociación Culturgal, na presentación do volume, o evento supón "unha nova expresión de orgullo galego" que "está acuñando unha estratexia de colaboración intergremial e interinstitucional cuxo espÃrito deberÃa contaxiar outros moitos ámbitos da actividade cultural e polÃtica galegas". Segundo os datos que amosa este informe o número de visitantes da novena edición, celebrada o pasado mes de decembro, mantÃvose similar á anterior, a roldar as 14.000 visitas. Se ben a venda de postos se cubriu con meses de antelación, as vendas foron desiguais, e mentres o sector do libro rexistrou unha importante diminución, o musical amosouse satisfeito "tanto pola asistencia aos seus concertos como polas vendas e acollida das asinaturas de novidades discográficas", segundo destaca Bragado no seu texto.
A novena edición o evento, que contou cun orzamento total de 149.135.81 euros, viu un crecemento das achegas públicas por parte da Agadic e mais da Deputación de Pontevedra. Os ingresos derivados da venda de stands e de entradas mantiveron os niveis de anterior edición (24.966 e 12.273 euros), mentres a Xunta e o Concello de Pontevedra seguiron a ser os principais colaboradores, con 47.272 e 26.423 euros respectivamente.