Ao redor de sete mil persoas achegáronse ao Pazo da Cultura de Pontevedra a gozar da Culturgal do venres 25 ao domingo 27, segundo as cifras provisionais dadas pola organización do evento no seu peche. De confirmarse finalmente esta cifra de asistencia, colocarÃa á feira da cultura nunha importante baixada do 50 por cento respecto ás cifras que se manexaban antes da pandemia e que se mantiveron consolidadas durante varios anos ao redor dos 14.000 asistentes, segundo Ãa comunicando cada ano a organización. Durante o pasado ano, con varias das restricións pandémicas aÃnda vixentes, o Culturgal amosaba unhas cifras de asistencia de 9.000 persoas.
As persoas que se achegaron á Culturgal durante a fin de semana atopaban unha exposición que percorrÃa os quince anos da Feira a través dos traballos gráficos cos carteis de todas as edicións. Pero ademais a organización do evento non quixo deixar pasar este aniversario sen facer un acto de agradecemento público a patrocinadores, equipo de traballo e, especialmente, ás empresas expositoras que confÃan na Feira. O domingo 27, última xornada da Culturgal, celebrouse un acto de conmemoración do 15 aniversario no que se atoparon diferentes equipos directivos que tivo a Feira, os expositores deste ano 2022 e representación dos patrocinios institucionais: Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Deputación da Coruña.