O Museo de Pontevedra acadou en 2023 a mellor cifra de visitantes desde 2010

Este foi o último ano de José Manuel Rey á fronte do Museo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Museo de Pontevedra acadou en 2023 a mellor cifra de visitantes desde 2010

O Museo de Pontevedra pecha o 2023 co mellor dato de visitantes dos últimos 13 anos. En total foron 188.599 as persoas que visitaron durante o pasado ano os edificios museísticos da Deputación de Pontevedra. Os datos do 2023 manifestan un incremento do 8,4 % no número de persoas visitantes con respecto ao 2022 e sitúan o ano pasado como o segundo mellor da historia do Museo en canto a afluencia, soamente superado polo 2010, cando percorreron as súas instalacións 226.646 persoas. En decembro de 2023 o Museo de Pontevedra recibiu un total de 5.165 persoas fronte ás 3.565 que o fixeron no mesmo mes do ano anterior. Compre recordar que a dirección do Museo estivo durante os pasados catro anos e ata finais de setembro de 2023 baixo a responsabilidade de José Manuel Rey que foi cesado polo goberno entrante da Deputación de Pontevedra e substituído por Ángeles Tilve, a conservadora xeral de fondos do Museo. O cesamento provocou a dimisión en bloque do Consello asesor do Museo. O vicepresidente da institución provincial e deputado responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez felicitou por estes datos tanto ao anterior director como á actual directora.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra