Roberto Varela repasou esta mañá, na súa comparecencia ante o Parlamento, o resultado da programación que se desenvolveu ao longo dos seis últimos meses na Cidade da Cultura. Como principal novidade na súa comparecencia, o conselleiro de Cultura adiou para o vindeiro mes de xaneiro a presentación do Plan Estratéxico para o Gaiás, que estaba previsto para este mesmo mes. Segundo el, o atraso débese a coincidencia coas eleccións estatais. Canda a isto, Varela realizou un reconto dos ciclos e actividades culturais que se desenvolveron no complexo ao longo do ano, considerando que se acadaron os resultados de achegalo á sociedade galega.
Na súa intervención, o Conselleiro de Cultura lembrou os programas que acolleu a Cidade da Cultura (CdC) como a exposición Typewriter, os Atardeceres no Gaiás, Peque Classics, Cidade Imaxinaria ou o Ceo das Letras. Cos mesmo, destacou que o seu departamento está a impulsar o traballo dos creadores e das industrias culturais do paÃs, sinalando que das 173 actividades programadas, a maior parte das 76 formacións e 271 artistas e profesionais que interviron foron galegos. Do mesmo xeito, apuntou que o 95% das empresas de xestión cultural e industrias deste tipo coas que se contou para a organización destes eventos tamén foron do noso paÃs.
Segundo as cifras que lle proporcionou á Camara, desde a posta en marcha do programa desenvolvéronse un total 1.178 visitas guiadas, o que supón preto de 43.000 persoas, que canda ás asistentes aos diferentes espectáculos que se programaron no monte e mais outros visitantes, bota un saldo aproximado de 181.000 persoas no que vai de ano.
O conselleiro confirmou a suspensión do Centro de Artes Escénicas e do edificio dedicado ás Novas TecnoloxÃas ata o vindeiro 2014, e emprazou para entón, segundo a conxuntura económica a decisión do futuro do complexo. Para alén disto, sinalou que os proxectos máis inmediatos do seu departamento sobre a CdC son rendibilizar os investimentos xa realizados, traballar no remate da urbanización da zona e mellorar as conexións do mesmo, fóra do xa anunciado remate do Museo de Galicia e mais do edificio de servizos.
Desde a oposición, a deputada Ana Pontón, do Bloque Nacionalista Galega, denunciou que as cifras de visitantes amosan un fracaso na intención de Cultura de facer do Gaiás un atractor para o público galego e estatal. Pontón lembrou que as propias previsións de Cultura para o complexo se situaban entre 240.000 e 370.000 persoas ao ano como mÃnimo. Ao tempo, lembrou que menos do 8% dos turistas que visitan Compostela se achega ao Gaiás e que non se conseguiu promocionar o espazo a nivel turÃstico.
Pola súa banda, desde o PSOE, a deputada MarÃa Concepción Burgo López sinalou que "a programación que se está a facer na Cidade da Cultura podÃase facer en calquera sitio" e lembrou que a maior parte dos visitantes que se achegaron á mesma proviña da propia cidade de Santiago. Ao tempo, lembrou que nos orzamentos para 2012 están consignados 4.660.591 euros para actividades no complexo, aos que sumou outros 4,5 millóns que non teñen destino especÃfico dentro dos que se dedican á CdC. En contraste, lembrou a escaseza de recursos que padecen na actualidade outros investimentos culturais como o equipamento de bibliotecas ou a protección de patrimonio cultural.