O goberno descoñece cando se rematarán os proxectos da Cidade da Cultura e do Mar

Núñez Feijóo realizará unha auditoría para coñecer a situación financeira da Cidade do Mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Comparten denominación (ambas iniciativas chámanse “Cidade”), ser proxectos cun gran orzamento, polémicos e agora o feito da incertidume da súa situación. Falamos da Cidade do Mar, o campus científico de Vigo, e da Cidade da Cultura. No segundo caso o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, afirmaba que non se rematará o proxecto antes de dúas lexislaturas (isto é, o 2017), ao tempo que sostén que haberá que facer cambios nos plans directores. No caso da Cidade do Mar, foi o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, que anunciou que se está a facer unha “auditoría de ingresos e gastos” para deficir o que acontece co proxecto científico e educativo da Cidade do Mar.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Vigo, Alberte Núñez Feijoo, Cidade da Cultura de Galicia