Feijóo prioriza o Xacobeo fronte á Cidade da Cultura, cuxa programación anunciará en outubro

O presidente é partidario de abrir progresivamente o complexo do monte Gaiás

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

“Chama á porta, está aí e hai que abrirlle” dixo Alberto Núñez Feijóo referíndose ao Xacobeo 2010, por ese motivo, as actuacións neste ano teñen prioridade por riba da Cidade da Cultura. Así o anunciou trala xuntanza que mantivo co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para tratar asuntos relacionados coa cidade. Con respecto ao vindeiro Xacobeo, a programación coñecerase en outubro e recuperarase o antigo logotipo, unha cuestión criticada por expertos publicitarios, que o consideran “absurdo”. Con respecto ao complexo do Monte Gaiás, Feijóo recoñeceu a súa apertura progresiva, pero sen indicar prazos. Ademais, Feijóo apelou á responsabilidade en época de crise para decidir se Santiago asistirá finalmente á Expo Shangai 2010, unha decisión que se tomará na primeira quincena de xuño.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Gaiás, Alberte Núñez Feijoo, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares