“Temos que defender a riqueza lingüÃstica do paÃs e iso pasa tamén por incorporar o inglés no programa do ensino” declarou Alberto Núñez Feijóo na súa primeira visita do Consello da Cultura Galega como presidente electo. Logo da xuntanza coa Comisión Executiva da institución, Feijóo apuntou a necesidade de trasladar á categorÃa de “normalidade polÃtica” o que se fala nas rúas, ao tempo que apuntou que a cultura galega estará presente no seu goberno. Ademais, lembrou en reiteradas ocasións o carácter consultivo e independente do Consello da Cultura ao que instou a seguir traballando en preservar a cultura galega como fixeron no seu momento Ramón Piñeiro ou Domingo GarcÃa Sabell. Feijóo asegurou que o goberno tomará en consideración os informes e estudos que realice a institución e, nese sentido, anunciou que xa lle fixo unha solicitude de cara á organización dos actos culturais do Xacobeo 2010.