O Consello da Cultura propón celebrar o Xacobeo cunha gran exposición de ámbito europeo

O informe foi solicitado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Nada máis ser elexido presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo visitou o Consello da Cultura Galega cunha proposta ben clara baixo o brazo: solicitar un informe para celebrar o Xacobeo 2010. Dous meses despois, o plenario do Consello da Cultura Galega acaba de aprobar esa proposta que se centra en tres eixes: unha gran exposición sobre a figura de Diego Xelmírez e o seu tempo que se levará polas principais cidades europeas; unha intervención planificada sobre os Camiños de Santiago; e unha oferta de arte actual centrada en Compostela e noutros puntos da xeografía galega. Canda isto, tamén se recomendan accións específicas que se intercalarán no treito que separa o 2010 do seguinte ano santo (2021). Por último, o informe recomenda a creación dun centro de coordinación dos moitos estudosos que se dedican ao tema xacobeo e ao Camiño de Santiago en distintas partes do mundo.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Plenario, Xeografía, Camiño de Santiago...