O Consello da Cultura Galega celebra os 30 anos da súa creación

A conmemoración celébrase hoxe ás 18:00 no salón de actos da institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Consello da Cultura Galega celebrará mañá venres os seus trinta anos de existencia, conmemorando a aprobación da Lei pola cal o Parlamento de Galicia creou esta institución en 1983. Ao acto de celebración acudirán acudirán o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo e o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. O evento celebrarase no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega mañá venres 27 de setembro ás 18:00 h.

O acto contará coa participación das devanditas autoridades, acompañados de intervencións de Víctor F. Freixanes, Helena Villar e Domingo Docampo, persoeiros da cultura galega vinculados ao Pleno da institución ao longo destes trinta anos. Tamén se proxectará un documental que recolle a historia e os proxectos do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Parlamento de Galicia, Ramón Villares, Xunta de Galicia...