O Consello da Cultura pecha os actos do seu XXV aniversario

Acollerá hoxe un acto oficial presidido polo Presidente da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Consello da Cultura pecha os actos do seu XXV aniversario

150 convidados participarán hoxe do acto co que o Consello da Cultura Galega clausura os actos conmemorativos do seu XXV aniversario, iniciados no 8 de xullo de 2008. Será un acto solemne, presidido por Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia que se celebrará hoxe xoves 9 de xullo ás 19 horas. Nel intervirán o actual Presidente do CCG, Ramón Villares, Alfonso Zulueta, expresidente; Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Conselleiro de Educación e Cultura da Xunta en 1983, cando se constituíu a comisión e Francisco Díaz-Fierros Viqueira, membro do primeiro plenario e actual vicepresidente do CCG.

O Consello da Cultura Galega artellou ao longo destes 12 meses unha programación conmemorativa, centrada na reflexión, no debate e na difusión, baixo o lema "Crear cultura, imaxinar país".

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Manuel Vázquez, Ramón Villares, Francisco Díaz-Fierros...