A Xunta ultima o proceso administrativo para crear a nova fundación da Cidade da Cultura

O goberno autoriza unha transferencia de 12.5 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

"Nos próximos días ou semanas" procederase a constituír a nova fundación para a Cidade da Cultura. Así o expresou Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galicia, despois de informar que o Consello da Xunta culminou o proceso administrativo para crear esta fundación mixta público-privada. Isto tradúcese nunha transferencia de crédito de 12.5 millóns de euros para constituir unha entidade que nacerá con máis de 25 millóns. Esta fundación, a terceira creada arredor do complexo do monte Gaiás, encargarase de xestionar as actividades que teñen carácter comercial: o Centro Internacional de Arte, o Museo de Nenos e Nenas e o Espazo Obradoiro. Juan Manuel Urgoiti será o encargado de presidir esta entidade que terá unha participación privada do 51%.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, Xunta de Galicia, Obradoiro, Gaiás...