A Deputación Provincial da Coruña ven de asinar un convenio co Clúster do Audiovisual Galego (CLAG) polo cal financiará con 244.647,65 euros a actividade do Clúster ata o 21 de marzo de 2025. O pasado ano ambas entidades asinaron un acordo vencellado ao desenvolvemento do "Proxecto I+P, INCUBA" polo cal o ente provincial achegaba 30.000 euros, co cal o actual convenio supón un incremento moi importante da achega provincial á actividade do CLAG. Este convenio preséntase como xeito de contribuÃr á consolidación da provincia e de Galicia como referencia nacional e internacional no sector. O presidente da Deputación, ValentÃn González Formoso, e o presidente do Clúster, Alfonso Blanco, foron os asinantes nun acto que contou coa presenza da deputada de Industria e Empresa, Rosa Ana GarcÃa.
O acordo entre a Deputación e o Clúster establece un financiamento do 89 % do custo de actividades que desenvolva a entidade empresarial (da que forman parte medio centenar de compañÃas) desde o 1 de xuño deste ano ata o 31 de marzo do 2025. AsÃ, o marco do convenio establece a promoción e a presenza do audiovisual galego en eventos como o Congreso Internacional de Animación VFX, VP y Nuevos Media, Mundos Digitales —que se desenvolverá na Coruña entre o 4 e o 6 de xullo—, o Festival Internacional de San Sebastián, o Mercado Internacional de Programas de Comunicación ou o evento 'I+P Ideas para Producir 2024'. Ademais, financiaranse os custes de persoal cualificado para desenvolver unha formación en Produción Virtual con dúas edicións previstas (en outubro e o vindeiro febreiro), asà como a elaboración de pezas audiovisuais para a promoción e difusión do plató virtual VPxR, ubicado na Cidade das TIC da Coruña.
Plató virtual na Cidade das TIC
Neste sentido, cómpre lembrar que a Deputación da Coruña está a construÃr o maior plató virtual de España neste espazo, dentro do proxecto Coruña Estudo Inmersivo (CEI), ao que a institución provincial destina un total de 9 millóns de euros.
O proceso de construción do edificio sustentable está en marcha desde o pasado mes de febreiro, despois de ter sido adxudicado por algo máis de 2,5 millóns. As instalacións contarán coa tecnoloxÃa máis avanzada en produción audiovisual virtual e servirán para mellorar a competitividade das empresas galegas do sector, ademais de atraer producións de cine, televisión e videoxogos procedentes de toda Europa.
Unha vez completadas as obras do edificio, procederase á instalación dos sistemas de pantallas LED, cunha pantalla semicircular de 28 metros de longo e 6 de alto e resolución 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade. Este sistema de pantallas, que permite recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, irá emprazado nun gran plató de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio.