O Consello da Xunta reunido hoxe aprobou á sinatura dun convenio de colaboración entre a ConsellerÃa de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para continuar co programa de actuacións en materia de investigación lingüÃstica a través do Instituto da Lingua Galega (ILG) nos anos 2019 e 2020. Este convenio, por importe de 412.680 euros (dos que a Administración autonómica achegará 240.000 euros), permitirá continuar cos traballos de edición e publicación dos materiais lexicais recollidos para a elaboración do Atlas LingüÃstico Galego, segundo comunica a Xunta na referencia posterior ao Consello de Goberno.
Grazas a este acordo, concluirase a edición dixital da colección documental do mosteiro de Santa MarÃa de Oia (Pontevedra), que abrangue toda a documentación relativa ao dito inmoble. Ademais, realizarase unha edición interpretativa e un inventario toponÃmico das Memorias del Arzobispado de Santiago (1067) do cóengo cardeal Jerónimo del Hoyo; e farase unha aproximación ao estudo do notariado e das caracterÃsticas da súa produción documental nunha comarca da Galicia Medieval: a Terra de Caldelas (colección do mosteiro de Montederramo). Asà mesmo, posibilitará investigar sobre a competencia, o cambio lingüÃstico, actitudes e muda de lingua da xente nova. Para elo, traballarase en tres liñas: a análise da competencia escrita en lingua galega do alumnado de 2º de bacharelato, o cambio lingüÃstico e contacto de lingua na xuventude e o mantemento, transmisión e cambio de lingua nas familias.