As obras de restauración de San Vicente do Pino amosan novas pinturas

Atopábanse ocultas baixo o retablo maior

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Pinturas murais inéditas en San Vicente do Pino. Fonte: Ministerio de Cultura

Pinturas murais inéditas en San Vicente do Pino. Fonte: Ministerio de Cultura

As obras de recuperación e restauración da igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte, permitiron revelar unha serie de pinturas murais inéditas ubicadas tras o retablo maior da igrexa. As pinturas atópanse en bo estado de conservación e amosan elementos figurativos e entre eles, a imaxe dun Cristo. A igrexa atópase en proceso de restauración na súa integridade, incluíndo as pinturas murais xa coñecidas, a través do Instituto de Patrimonio Cultural de España e o programa Xacobeo de conservación e posta en valor de bens culturais.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pino, Xacobeo

Claves

Conceptos
Lugares