Cultura remata a primeira fase de restauración de Santa Baia de Palio

As obras permitiron descubrir pinturas dos séculos XV e XVI no interior

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A primeira fase de restauración da igrexa lalinense de Santa Baia de Palio rematou cunha xornada de portas abertas que permitiu ao público contemplar as pinturas ata o momento cubertas pola cal no interior. Trátase de restos dun programa pictórico de finais do século XV na nave e do século XVI no presbiterio. As obras de recuperación das pinturas comezaron en xaneiro. Na segunda fase de restauración, acometeranse outras obras nos paramentos e nas tribunas. Ata o momento, o departamento autonómico de Cultura leva investidos máis de 200.000 euros na restauración da igrexa e das súas pinturas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves