Comeza unha nova campaña de restauración no santuario da Nosa Señora das Virtudes de Arante (Ribadeo) encamiñadas a reducir o volume de humidades que están a deteriorar os paramentos interiores, afectando ás pinturas murais. Trátase de retirar a escada exterior ao campanario, introducida nos 80, e que introducÃa auga ao edificio. As obras tamén realizarán diversos traballos de substitución da cuberta de lousa, desmontado do falso teito para introducir outro de castiñeiro e un novo sistema de luces LD que mellore a iluminación das pinturas, entre outras actuacións. O importe das obras será de 185.000 euros. É a segunda actuación que a Xunta leva a cabo en Arante, trala restauración de urxencia sobre algunhas pinturas para frear o seu deterioro pola humidade.
O santuario de Arante, dos séculos XVI e XVII, ten a consideración de Ben Catalogado Inventariado, co grao de protección II. O seu elemento máis relevante son unhas significativas pinturas murais do século XVI, que representan exvotos mariñeiros cunha precisión e detalle moi significativos. En concreto, retrátase a escena dun naufraxio sucedido en 1595 fronte o cabo San Antonio, en América, no barco no que viaxaba o capitán de infanterÃa Domingo de Carranza Aguiar. O fresco representa o barco desarborado que conseguiu chegar ata Trujillo. O chantre mindoniense fixo pintar en 1606 a escena, que supón unha representación excepcional para o momento en Galicia.