800.000 euros para restaurar a igrexa de San Vicente do Pino, en Monforte

Recuperaranse as pinturas murais e os retablos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Boletín oficial do Estado publicou onte o investimento de máis de 800.000 euros para a restauración integral da igrexa de San Vicente do Pino, ubicada no interior do castelo de Monforte de Lemos e ao carón do mosteiro renacentista de San Vicente e o resto de edificacións medievais. Trátase dunha intervención integral no interior da igrexa, que incluirá a restauración das pinturas murais do presbiterio, nave central e muro norte do cruceiro -algunhas do século XVII e outras de 1920-, así coma os retablos maior, do século XVIII e cunha gran pintura do martirio de San Vicente elaborada por Bernardo de la Peña en 1671, así coma o retablo en pedra do propio cruceiro.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pino, Castelo, Monforte de Lemos

Claves

Conceptos