Identifican un mausoleo dos cuartos condes de Lemos en Monforte

O achado produciuse durante a restauración de San Vicente do Pino

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

En febreiro dimos conta do achado de pinturas murais na igrexa de San Vicente do Pino. Tras varios meses de traballo, agora xa se coñece a que correspondáin os murais. Trátase de fragmentos do mausoleo construído como tumba do cuarto conde de Lemos, Fernando Ruiz de Castro e da súa muller, Teresa de Andrade Zúñiga y Ulloa. A casa de Lemos quería converter a igrexa de San Vicente do Pino no panteón familiar, aínda que desavinzas cos monxes levaron a que finalmente se instalara no convento de Santo Antonio, na parte baixa de Monforte. Ao desaparecer ese edificio, tamén se perderon as tumbas. Segundo declarou a La Voz de Galicia o delegado de patrimonio histórico da diócese de Lugo, César Carnero, "É un monumento funerario do primeiro Renacemento galego que ten un interese histórico e artísticos extraordinario". Consérvase o mural, con motivos florais e de animais fantásticos, e tamén dous fornelos onde estarían as estatuas do conde e da súa muller, hoxe desaparecidas.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lemos, Pino, Renacemento, La Voz de Galicia...

Claves

Entidades
Conceptos