Os traballos de restauración da igrexa de Proendos en Sober recuperan os murais do século XV e unha fiestra románica

A arte destapada

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A restauración dos murais do século XV da igrexa de Proendos na comarca de Monforte comezou neste mes de agosto e ten previsto o seu remate a mediados de setembro. Para esas datas as especialistas contratadas pola Dirección Xeral de Patrimonio terán recuperado as pinturas de gran valor artístico que ten este templo no seu frontal e nos laterais do presbiterio con escenas bíblicas. O retablo barroco que cubría algún dos murais tamén precisa restauración, así como outros dous retablos laterais tras dos cales sospéitase que tamén pode haber murais. Estes traballos tamén serviron para descubrir a existencia dunha fiestra románica que será restaurada nesta mesma fase.
Máis información en El Progreso

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sober, Barroco, El Progreso, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Conceptos
Lugares