Cultura inviste 900.000 euros na restauración da igrexa do mosteiro de Oia

Será a actuación máis relevante da consellería na provincia de Pontevedra en 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Igrexa do mosteiro de Oia. Foto: Xunta de Galicia.

Igrexa do mosteiro de Oia. Foto: Xunta de Galicia.

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou o investimento de preto de 900.000 euros na rehabilitación da igrexa do mosteiro de Santa María de Oia, co obxectivo de mellorar as condicións de humidade e o acondicionamento xeral do monumento. Segundo Rodríguez, a intervención "será a maior aposta da Xunta este ano no patrimonio da provincia de Pontevedra e unha das máis importantes de toda Galicia", e que atribuiu á suba de orzamentos de cultura da Xunta para patrimonio nun 19%. A acción mellorará os problemas de entrada de auga na actualidade, así como as condicións de ventilación. Acondicionarase o adro da igrexa e abrirase a antiga comunicación entre a sancristía e a torre do campanario.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Pontevedra, Román Rodríguez, Torre...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares