O mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón foi fundado a mediados do século XII por dona Guntroda Suárez, e a súa fábrica de románico tardÃo foi erguida entre 1215 e 1225. A igrexa afronta agora a súa última fase de restauración, a partir da licitación anunciada pola ConsellerÃa de Cultura por 170.000 euros. Esta será a última das intervencións en San Pedro de Vilanova de Dozón, nas que o departamento autonómico leva investidos case 470.000 euros. A nova intervención suporá o saneamento da estrutura, a renovación das instalacións elécticas e as melloras das condicións de uso do templo, aÃnda que a acción máis destacada será o traslado ao interior da igrexa dun arco pétreo localizado na cara norte do edificio, e que hoxe en dÃa destaca por concentrar humidade e vexetación. Segundo o proxecto técnico, o arco pétreo debe proceder doutro espazo do mosteiro e nalgún momento do século XVII ou nunha reforma posterior foi situado neste lugar. O arco será reubicado no interior da igrexa para solucionar os problemas de humidade nese punto do exterior e mellorar a súa conservación.