Restauran a igrexa do mosteiro de Ferreira de Pallares

Os 700.000 euros irán destinados a solventar os grandes problemas de humidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A igrexa monástica de Ferreira de Pallares, unha xoia románica do concello de Guntín, será obxecto dunha importante intervención nos vindeiros meses cun investimento de 700.000 euros que serán licitados nas vindeiras semanas por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. As actuacións solucionarán problemas de humidade e colonización biolóxica que afectan a diferentes partes da igrexa. Cambiarase a cuberta recuperando a estrutura de madeira, restauraranse as carpinterías e mellorarase a drenaxe do templo. Tamén se limpará a pedra para eliminar as colonizacións biolóxicas.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio Cultural