160.000 euros para a restauración de San Pedro de Vilanova de Dozón

Cultura investirá na restauración desta igrexa do século XII

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón. Foto: Lansbricae / Wikipedia

Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón. Foto: Lansbricae / Wikipedia

Intervención sobre humidades, cubertas e carpintería exterior serán algunhas das accións que se levarán a cabo na restauración da igrexa monástica de San Pedro de Vilanova do Dozón, unha das máis delicadas obras do románico rural galego e o único edificio que se conserva dun antigo mosteiro de monxas do século XII. A restauración suporá un investimento de 160.000 euros e se centrará en deter as humidades, revisar as drenaxes, limpar as fachadas e a revisión e substitución das carpinterías exteriores e elementos interiores que se atopan en mal estado.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Pedro, Vilanova

Claves

Conceptos
Lugares