A ConsellarÃa de Cultura anunciaba onte o investimento de 435.150 en obras de restauración para diferentes espazos do Mosteiro de Montederramo, declarado Ben de Interese Cultural desde 1951. A eliminación de humidades e mellora da ventilación, a restauración de carpintarÃa ou a mellora da accesibilidade, coa instalación dunha plataforma elevadora e dun ascensor, son algunhas das accións previstas. A sacristÃa, o claustro seglar, o coro, a bóveda, a sala capitular ou o patio do claustro son algúns dos espazos obxecto destas actuacións.
Canda a este espazo, a ConsellarÃa anunciou traballos de consolidación na ponte Pedriña, en Celanova e mais na ponte do Casal, en Entrimo. A primeira dela verá obras por valor de 130.000 euros para a súa consolidación estrutural, mentres no segundo caso 15.000 euros destinaranse a reparar os danos na fábrica e a mellora da impermeabilización da calzada.