A Xunta investirá 344.000 euros en recuperar cinco pontes históricas

As obras desenvolveranse ao longo de 2015

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Ponte de Couso en Avión, a Ponte de Éntoma no Barco de Valdeorras, a Ponte da Portela de Vilamartín de Valdeorras, a Ponte de Fillaboa en Salvaterra e a Ponte do Demo de Vila de Cruces-Silleda verán obras de restauración ao longo de 2015. A Consellaría de Cultura acaba de anunciar un investimento de 344.000 cos que se abordará a restauración e recuperación destes cinco monumentos. As obras van desde a eliminación de vexetación e de engadidos de formigón á consolidación e reconstrución de elementos arquitectónicos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Barco de Valdeorras, Vila de Cruces, Silleda