Patrimonio decidirá se debe repararse a agresión á ponte de O Marañao

A ponte medieval foi restaurada sen autorización con formigón

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O PSdG do Carballiño denunciou o asfaltado da ponte medieval de O Marañao, realizada sen a preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio. O concello do Carballiño cubriu a calzada de pedra da ponte cunha capa de formigón, o cal foi calificado polo PSdG local como "ataque atroz". O concelleiro de Obras dixo descoñecer que a ponte estaba protexida. Os técnicos de Patrimonio, segundo informa La Región, están a redactar un informe para avaliar se as obras deben destapar, de novo, o antigo empedrado do paso.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello do Carballiño, Dirección Xeral de Patrimonio, La Región