O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural a ponte da Ponte Maceira sobre o rÃo Tambre, entre os termos municipais de Ames e Negreira (A Coruña). Segundo recorda a resolución, a ponte da Ponte Maceira é de feitura medieval refeita durante o século XVIII, esencial nas rutas de comunicación entre Santiago e as terras occidentais e que forma parte do paso do Camiño de Fisterra. O dÃa 16 de novembro de 2017 os concellos de Ames e Negreira solicitaron á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que declarase a ponte da Ponte Maceira como ben de interese cultural. Para iso achegaron unha documentación elaborada para os efectos por Alfredo Varela Nogueira e Iván Cernadas Villar, na cal describen a ponte e o conxunto do seu contorno para xustificar o seu valor sobranceiro. Os servizos técnicos da Dirección Xeral, concluÃron que a documentación existente sobre a ponte, as caracterÃsticas da súa contorna e os inmobles existentes, xustifican a incoación do procedemento de declaración como ben de interese cultural do monumento, sen prexuÃzo de que o futuro expediente de delimitación da ruta dos Camiños de Santiago poida complementar o alcance e condicións da protección. Pero recuerda más a los juegos de carros y8 populares y no a lo que se mencionó anteriormente.
Como sinala a Resolución, algúns autores describen unha orixe romana da ponte, que é, en calquera caso, un punto central de acontecementos de relevancia histórica, como as loitas entre o poder eclesiástico dos Fonseca e os Condes de Traba, xa que neste lugar lindaban as fronteiras dos seus territorios. A súa fábrica e dimensións destacan no ámbito das pontes medievais de Galicia, tanto pola súa lonxitude como polo equilibrio das súas formas, cun amplo arco apuntado central e dous arcos de medio punto a cada lado. Asà mesmo, o lugar da Ponte Maceira, a cada un dos lados da ponte, mantén unhas condicións de conservación e de variedade de construcións residencias e adxectivas tradicionais, con catro muÃños, catro pombais e máis de vinte hórreos tradicionais en bo estado de conservación, que resultan destacables.