Seis pontes históricas foron restauradas en 2010

Cultura investiu máis de 700.000 euros nestes bens

4/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
20 lecturas | Compartido 0 veces

Obras na Ponte de Traba

A comezar 2011 a Consellaría de Cultura fixo públicos os resultados do Plan de Restauración de Pontes Históricas, que contou o pasado ano cun orzamento de máis de 700.000 euros e que recuperou seis estruturas que sufriran danos pola acción do clima ou polo simple paso do tempo. As estruturas afectadas foron a Ponte de Pontedona (Coristanco), Ponte de Traba (Noia), Ponte Marzá (Curtis), Ponte de Pontaleiras (As Neves), Ponte Taboada (Lalín) e Ponte Vea (Teo). A ponte de Traba, foi a que recibiu unha maior contía, con 285.000 euros que permitiron cubrir fendas e recuperar o desplome dun tímpano.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teo, Noia, Lalín

Claves

Lugares