Igrexa do mosteiro de Oia. Foto: Turismo de Galicia
A Xunt adxudicou as obras de restauración e posta en valor da sancristía e do coro alto da igrexa monástica de Oia, cun orzamento de 390.000 euros, ao que se suma outra intervención xa adxudicada dos vindeiros meses para restaurar elementos artísticos do mosteiro por importe de 193.000 euros. O obxectivo é "incorporar á visita cultural espazos de gran valor como o coro, a torre barroca, a sala capitular e elementos artísticos relevantes". As tarefas afectan á corrección de filtracións, drenaxe, carpintería, arranxos da bóveda e no caso do coro alto, traballos no cadeirado do coro, os catro relevos policromados do centro e a pintura dos escudos. Tamén se vai traballar na restauración e montaxe das pezas do impactante retablo do mosteiro e a restauración do facistol do coro, é dicir, o soporte central dos libros de canto.

