A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia deu a coñecer este 17 de novembro a licitación das obras para conservación e posta en valor da sancristÃa e o coro da igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. O templo, que funciona como igrexa parroquial, está integrado no conxunto que agora é Parador de Turismo e recibirá un investimento de 445.824 euros para este proxecto, IVE incluÃdo.
A actuación, que está financiada a un 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), prevé recuperar o espazo orixinal existente baixo a sancristÃa, coa instalación dun novo chan e elementos de iluminación que tamén se incorporarán á propia sancristÃa. Este espazo tamén se dotará con cadeiras pregables de cara a facilitar o seu uso para distintas actividades.
No coro tamén se prevé recuperar a configuración orixinal, coa recreación de dúas bóvedas que se eliminaran neste conxunto e a instalación dunha "estrutura de madeira de castiñeiro que sirva de soporte para a instalación das pezas da sillerÃa" de xeito que "permita unha lectura aproximada e simulada do conxunto e á súa vez manteña as posibilidades futuras de utilización do coro como espazo expositivo". No campo dos bens mobles, o proxecto prevé a restauración da sillerÃa, portóns e cortaventos deste conxunto, ademais da limpeza e tratamento da caixa do órgano e dos elementos mobles presentes na sancristÃa.
Segundo recollen os pregos da licitación "na actualidade existen na igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil unha serie de espazos de valor artÃstico e cultural que é necesario por en valor e acondicionar co obxecto de incorporalos a visita cultural do ben e posibilitar usos complementarios á liturxia". Entre as cuestións pendentes de mellorar nestes espazos están problemas de accesibilidade, iluminación e estanquidade na sancristÃa, alteracións na estrutura do coro e o deterioro dos elementos de madeira desta parte, da caixa do órgano e diferentes bens mobles do templo.