Santo Domingo de Ribadavia verá obras de restauración por valor de 732.000 euros

A Xunta cofinancia a recuperación desta igrexa con fondos europeos FEDER

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Interior de San Domingos en Ribadavia. Fonte: Turgalicia.

Interior de San Domingos en Ribadavia. Fonte: Turgalicia.

Cun orzamento de partida de 732.881 euros a plataforma de Contratos de Galicia recolle a licitación das obras para a restauración da igrexa de Santo Domingo de Ribadavia. O proxecto, cun orzamento de partida de 732.881 euros, prevé traballos para evitar as filtracións de augas que están a provocar serios problemas na conservación do conxunto. A Xunta de Galicia cofinancia esta actuación nun 80% con fondos europeos FEDER.

Segundo adianta a Xunta, os traballos prevén resolver os "problemas de estanquidade na cuberta, que están afectando á estrutura de madeira, e problemas de aspecto e conservación nos peches de pedra e nas proteccións das vidreiras". A recuperación e substitución de pezas de carpintaría do conxunto, a eliminación de colonizacións biolóxicas en diferentes áreas da pedra e melloras nas vidreiras son outras das tarefas que se abordarán.

O convento de Santo Domingo de Ribadavia foi, xunto co de Santiago, un dos primeiros que a orde dominica fundou en Galicia a mediados do século XIII, e ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santo Domingo, Ribadavia, Feder, Xunta de Galicia...