A coincidir co comezo do mes de xullo, diferentes organismos están a anunciar a posta en marcha de novos proxectos de rehabilitación e restauración de monumentos históricos. Deste xeito, na primeira semana de mes a ConsellarÃa de Cultura deu a coñecer o proxecto de rehabilitación das igrexas de Santo Estevo de Ribas de Miño e mais de Ribas de Sil. No caso da primeira, un investimento de 340.000 euros intervirá nas cubertas e muros do templo para eliminar os problemas de humidade do conxunto. As obras que se licitaron o pasado 3 de xullo contemplan tamén "mellorar as condicións de ventilación da igrexa e conservar os elementos escultóricos exteriores".
Pola súa banda, en Ribas de Sil serán 300.000 euros os fondos que se destinarán a resolver problemas de humidades no templo de Santo Estevo. Segundo explica a ConsellerÃa, "a intervención contempla a limpeza e reparación das filtracións de auga na terraza entre as torres mediante a súa impermeabilización, a limpeza e mellora do rexuntado con morteiro de cal nas fachadas e a reparación das sopenas de remate na cuberta. O proxecto de restauración tamén inclúe a impermeabilización da fachada sur, o condicionamento e restauración da antesancristÃa e sancristÃa e a mellora da ventilación das fiestras e óculos".
A ConsellerÃa anunciou tamén obras na Igrexa das Nais Mercedarias en Santiago de Compostela. Neste caso a actuación prevista desenvolverase na tarima de madeira do templo, afectada por podremia e con presenza de insectos xilófagos. As intervencións contarán cun orzamento de 35.000 euros.
Tamén a histórica ponte de Furelos, en Melide, verá obras de recuperación. Desta volta o investimento de 285.515 euros chega da man do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Inseridas nas obras previstas por este organismo nos Camiños de Santiago, o proxecto prevé mellorar a calzada desta peza e reparar diferentes patoloxÃas menores da obra ademais de construÃr un mirador que facilite a contemplación da mesma.
Outra ponte que recibirá novos coidados é a Ponte Cabirta sobre o rÃo Sar en Ames, onde Deputación da Coruña e Concello achegarán 36.000 euros para consolidar o arco e a calzada deste elemento patrimonial.