A ConsellerÃa de Cultura achegará 300.000 euros para garantir "a seguridade estrutural e facilitar a visita pública" ao Mosteiro de San Salvador de Camanzo, en Vila de Cruces. Asà o anunciou o titular deste departamento, Román RodrÃguez, este 20 de febreiro durante unha visita ao monumento. A igrexa deste conxunto románico, datado no século X, acollerá obras de "conservación e mantemento dos seus sistemas construtivos" co fin de eliminar os problemas causados pola humidade.
Ademais, os traballos recuperarán os edificios auxiliares do antigo mosteiro e os fornos que se manteñen no patio da edificación, coa consolidación da estrutura do corredor exterior e o acondicionamento da viña que cobre o recinto. En canto á casa reitoral, abordarase a desmontaxe e restauración do actual forxado.
Na actualidade o conxunto de Camanzo está composto polo templo, utilizado como igrexa parroquial, e mais pola casa reitoral. Do mosteiro orixinal consérvanse restos como "a arcada que pertenceu á sala capitular, con porta principal de arquivoltas semicirculares, que presenta catro anxos cos brazos abertos e unha figura bendicindo e no tÃmpano está esculpida a figura dun Salvador que bendice, froito da escola compostelá", segundo explica a ConsellerÃa de Cultura.
A casa reitoral, pola súa banda, ábrese ao patio, cuberto por unha antiga viña, e fechado na súa banda oeste por construcións auxiliares dedicadas a labores agrÃcolas. Os traballos agora anunciados incluirán tamén unha catalogación dos "elementos, obxectos, aveños e pezas de interese etnolóxico, histórico, artÃstico e relixioso que se conservan na propiedade". Román RodrÃguez anunciou a vindeira elaboración dun Plan Director que determinará novos usos para o recinto.