Foi un posible emporio comercial desde a Idade do Ferro e o mundo romano, pero o que vemos hoxe nas Torres do Oeste, en Catoira, son as fortificacións medievais erixidas por sucesivos prelados da igrexa compostelana para pechar o acceso a Compostela fronte a piraterÃa. Este verán acométese un gran proxecto de restauración e reforma orzamentado en 1,8 millóns de euros. Falamos coa persoa que está dando os primeiros pasos no proxecto: o arqueólogo Francisco Manuel Herves.
Nestes tempos de crise, non é doado ver obras de investimento tan elevado ao redor do patrimonio galego, pero as Torres do Oeste conseguiron facerse un oco dentro do montante do 1% cultural, que o Ministerio de Fomento destina a proxectos patrimoniais como un xeito de compensación polas obras públicas. No caso de Catoira, un proxecto dirixido polo arquitecto César Portela que contará un orzamento de 1’8 millóns de euros, porá en marcha un Centro de Activación do Patrimonio Histórico-Cultural, realizará diversas obras de acondicionamento do sitio arqueolóxico para visitantes, asà como un novo escenario de representacións teatrais e a recuperación dalgúns tramos da fortificación. Pero outro das accións contemplará unha ampla escavación das Torres do Oeste, para coñecer as súas orixes e configuración, axudando a coñecer máis da dilatada vida deste lugar clave para a Historia galega.
“Nas Torres hai evidencias de asentamento desde época castrexa ata época medieval moi serodia”, asegura Francisco Manuel Herves Raigoso, o arqueólogo director da intervención arqueolóxica nas Torres do Oeste, “foi Juan Naveiro, no 89, quen determinou que habÃa un castro e un poboado galaicorromano na Torre de Lugo”. Para comprender a configuración do xacemento os arqueólogos abriron sondaxes en tres zonas diferenciadas, nunha acción que aÃnda está en proceso.
A escavación permitiu confirmar algúns detalles curiosos. En primeiro lugar, que a capela non é especialmente antiga. Os arqueólogos determinan que o pequeno edificio relixioso é posiblemente do século XVIII, e está asentada sobre unha obra defensiva anterior: un muro de catro metros de ancho. Nesa área, máis ou menos, o equipo localizou os restos dun gran incendio, e Herves decidiu ampliar a escavación para ver de que se trataba: “aÃnda estamos nas fases iniciais de escavación, pero apareceunos un posible forno metalúrxico nese lugar, e iso era o que nos daba a impresión de unha gran zona incendiada”.
Superposición de tempos
A Torre de Lugo é un dos epicentros da escavación. Esa torre é moito máis monumental que as outras e a escavación está revelando que ten varias estruturas de épocas distintas no seu interior. Segundo Herves, “vimos restos dunha cabana castrexa, que se transformou nun momento romano e que conta con elementos medievais. Hai unha sucesión de tres épocas”.
A complexidade de elementos arquitectónicos soterrados baixo a configuración actual das Torres do Oeste segue amosando elementos de interese. Na mariña ubicada enfronte da Torre de Lugo, atopouse un espazo comunal, unha praza pavimentada con pedra miúda. E noutra das torres apareceu o empedrado do chan orixinal.
O obxectivo da intervención será distinto nos dous recintos das Torres. O recinto interior, ou “castelo poligonal”, permitirá deixar á vista estruturas defensivas hoxe cubertas de terra, entendendo mellor a diferencia entre este recinto e o coñecido como “recinto exterior”, moito máis amplo e desprotexido.