O pazo de Mariñán acolle un novo encontro de artistas emerxentes

Está promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O pazo de Mariñán acolle un novo encontro de artistas emerxentes

O Pazo de Mariñán acolle desde hoxe ata o vindeiro venres os ‘6º Encontros de Mariñán 2025. Residencia de Artistas Emerxentes' , un evento de creación artística no que participan 40 alumnos procedentes das ensinanzas artísticas de Galicia, que desenvolveran neste tempo os seus proxectos. O encontro está promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), en colaboración coa Deputación da Coruña, e este ano toma como referencia a traxectoria de Isaac Díaz Pardo, a figura homenaxeada no Día das Artes Galegas 2025, xunto con cC. Proponse como "eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación a temática Terra: materia e lugar". O encontro inclúe conferencias de Felipe Senén, Miguel Anxo Seixas, Xosé Díaz, Din Matamoro e Mónica Alonso.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Mariñán, Belas Artes, Deputación da Coruña, Real Academia Galega de Belas Artes...