Mariñán reúne os "artistas emerxentes"

O Encontro celébrase do 20 ao 22 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

40 estudantes e profesores dos últimos cursos de arquitectura, música e belas artes reuniranse do 20 ao 22 de xuño no Pazo de Mariñán no I Encontro de creadores emerxentes, que organiza a Real Academia Galega de Belas Artes en colaboración coas universidades galegas e os conservatorios superiores de música da Coruña e de Vigo. Segundo a Universidade da Coruña, "o alumnado convidado presentará unha obra que irá evolucionando na residencia de tres días ata transformarse nunha obra colectiva. Esta innovadora actividade é unha aposta por impulsar os artistas emerxentes, favorecendo o diálogo e encontro entre disciplinas".

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Arquitectura, Real Academia Galega de Belas Artes, Universidade da Coruña...