40 creadores e creadoras emerxentes parcitiparán no VIII Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura acolle este evento entre o 26 e o 30 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A oitava edición do Encontro de Artistas Novos, que se celebra anualmente na Cidade da Cultura, presentou xa os nomes dos 40 creadores e creadores que farán parte do evento. Rafael Doctor dirixe este encontro no que se desenvolverá, entre os días 26 e 30 de agosto, unha residencia artística na que os participantes "poderán dar a coñecer o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada".

Julio Falagán, a fotógrafa María Moldes ou a pintora peruana Sandra Gamarra son algúns dos convidados a esta xeira canda a profesionais do xornalismo ou da crítica cultural coma Javier Díaz-Guardiola, David Barro ou Semíramis González. En total presentáronse á cita 200 candidatos de 11 nacionalidades diferentes

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Barro, Xornalismo, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos