Corenta creadores participan no VI Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura acolle o evento ata o 1 de setembro

Onte abría as súas portas na Cidade da Cultura a sexta edición do Encontro de Artistas Novos. Un total de 40 creadores e creadoras, dos cales vinte son galegos, participan nesta iniciativa que coordina Rafael Doctor. Segundo explica a Consellaría de Cultura, o evento "busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers". Deste xeito, a iniciativa contará coa presenza de nomes consolidados no mundo da arte coma Alicia Martín, Lino Lago ou Ruth Montiel. Os participantes poderán facer unha presentación pública dos seus traballos, e terán a opición de ser escolleitos para facer unha intervención nas Torres Hejduk. O encontro remata este 1 de setembro coa inauguración de Homo ludens, de Miguel Benjumea e Román Corbato, o proxecto gañador da anterior edición.