O Gaiás acollerá o V Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura

Uns 70 creadores emerxentes mostrarán os seus traballos do 7 ao 11 de setembro

27/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Consellería de Cultura pon en marcha o V Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura no que 70 creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater arredor da arte contemporánea durante catro días de intercambio de experiencias con outros axentes culturais.
As solicitudes para participar nesta quinta edición estarán abertas ata o venres 3 de xullo, mentres que os nomes dos seleccionados se farán públicos o xoves 23 de xullo.

Unha edición máis, o Encontro traerá ao Gaiás artistas e creadores xa consolidados para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte: Menchu Lamas, Ana Laura Aláez, Damián Ucieda, Enrique Marty e Aitor Saraiba, ademais de críticos de arte, xornalistas e comisarios que desenvolverán o labor de art followers .

O V Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura volve a Santiago de Compostela da man de Rafael Doctor co obxectivo de apoiar e promover o seu labor creativo, apostando pola educación e o coñecemento como eixes do progreso e o benestar.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Consellería de Cultura, Menchu Lamas, Educación...