Corenta creadores e creadoras participan ata o vindeiro dÃa 28 de agosto, no XV Encontro de Artistas Novos EAN15, consolidado foro da arte contemporánea onde presentarán os seus traballos e terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias con outras figuras emerxentes e tamén consolidadas. Impulsado pola Xunta de Galicia co apoio da Fundación Banco Sabadell, este encontro forma parte da programación da Cidade da Cultura desde os seus inicios, en 2011. Ao longo deste tempo, participaron nesta proposta máis de 800 artistas, entre eles figuras como Nuria Güell, Jorge Perianes, Lois Patiño, Eva DÃez ou Jesús Madriñán, que teñen acadado un recoñecemento destacado no panorama galego e nacional.
O programa do EAN15 inclúe cinco relatorios de destacados creadores do panorama nacional como a artista plástica Ana de Alvear (Madrid, 1962), encargada da conferencia inaugural do encontro. Participará tamén como relatora no EAN a pintora Juana González, que este ano foi recoñecida en ARCO Madrid como mellor artista española nos premios outorgados pola revista especializada Artepuntoes. O encontro contará ademais coa creadora visual, autora e doutora en FilosofÃa, Jana Leo, (Madrid, 1965). Completan os nomes consolidados desta edición o muralista galego Yoseba MP (Cambre, 1984), recoñecido polas súas obras en gran formato representando a mulleres maiores de zonas rurais como auténticas heroÃnas, e Sergio Marey (Pol, Lugo, 1997), que regresa ao EAN para compartir o seu proceso creativo tras participar no encontro na edición de 2020 como figura emerxente.