Corenta creadores e creadoras participán estes dÃas no Gaiás na duodécima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN12, unha cita para apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea. O EAN ofrece a oportunidade de participar nunha estancia de catro dÃas no Gaiás –nun foro aberto ao intercambio de ideas, experiencias e procesos creativos– e aprender de artistas consolidados que participan no encontro como relatores. Nesta ocasión cóntase coa presenza do fotógrafo Tono Arias, dos creadores visuais Beatriz Lobo e Miguel Scheroff e da artista multidisciplinar Ana Esmith, coñecida no eido da performance como Miss Beige.
Ata o xoves, os artistas emerxentes participantes no EAN12 poderán darlle visibilidade ao seu traballo no xa clásico Foro Aberto, onde realizarán unha presentación centrada no seu proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. O Encontro rematará este xoves 1 de setembro coa inauguración da proposta gañadora na edición de 2021 do Concurso de Intervencións ArtÃsticas nas Torres Hejduk, un traballo que leva por tÃtulo 'A porta aberta', da artista galega Lúa Gándara.
O XII Encontro de Artistas Novos está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose na programación do Xacobeo 21-22– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. A apertura deste encontro na Cidade da Cultura contou coa participación, ademais do titular de Cultura do Goberno galego, do presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins; do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; do director do EAN, Rafael Doctor, e da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.