Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, a segunda edición do Premio Talento ArtÃstico Ahorro Corporación Financiera (ACF), recoñeceu o talento do alumnado formado na Facultade de Belas Artes do campus pontevedrés. Percepción branca. Investigación do mÃnimo xesto e a máxima expresión, a obra que constitúe o Traballo de Fin de Grao (TFG) da titulada deste centro Carmen Quintáns, foi seleccionado polo xurado como gañadora dun primeiro premio, dotado con 6000 euros, dun certame que ten por obxectivo visibilizar aos artistas emerxentes de España e ao que concorren máis dun cento de TFG de diferentes universidades. Asà mesmo, estes galardóns tamén recoñeceron, cun segundo premio dotado con 3.000 euros, a obra 0836-36002, Destinatario-Remitente, da tamén titulada en Belas Artes e alumna do máster en Deseño e Dirección Creativa de Moda, Mireia Bruguera.
Co catedrático Jesús Hernández como titor, o TFG que Quintáns defendeu o pasado mes de xullo tiña como eixo unha investigación sobre como, partindo "dun modo de facer pintura" aÃnda definido por "certas referencias figurativas", podÃa chegar a un xeito de pintar que implicase "a mÃnima pegada no soporte". Con estas premisas, a artista deu forma a unha cuadrÃcula que reúne unha serie de debuxos sobre papel e fotografÃas, na que contrapón as imaxes "máximas e mÃnimas" xeradas a partires dunha mesma realidade, asà como bocexos previos á representación final; cuadrÃcula que presentou acompañada de catro cadros de gran formato, marcados todos eles polo protagonismo que outorga á cor branca. Pola súa banda Bruguera fixo uso en 0836-36002 Destinatario-Remitente da técnica do gofrado do papel para dar forma a unha réplica a escala real da súa habitación, que converteu á súa vez nunha "matriz para a extracción de moldes". A partires destes, Bruguera deu forma para a un "libro-mapa-atlas", que lle permitiu afondar non só "na idea de reproducir un espazo propio", senón tamén, explica, "imaxinar novas posibilidades de lectura".