Foto: RAGBA
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) ven de inaugurar no Kiosco Alfonso da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) a Exposición "A Cidade das Artes. 175 Aniversario da Real Academia Galega de Belas Artes", mostra comisariada polo académico Fernando Agrasar e co-organizada co Concello da Coruña. A actividade está encadrada nos actos da celebración do aniversario. No Kiosco Alfonso poden contemplarse máis de trescentas pezas pertencentes á colección da Academia realizadas por membros da institución á que se suman outras pezas, cedidas en préstamo, que fan un percorrido pola historia da mesma, desde a creación de novas institucións dedicadas ás artes como a Escola de Belas Artes, o Museo de Belas Artes ou Museo Arqueolóxico, ata múltiples iniciativas como os Salóns de Outono, a publicación da revista Abrente, as medallas Marcial del Adalid, ou a creación do Día das Artes Galegas, dedicado nesta edición a Isaac Díaz Pardo.

.jpg)
