O pasado día 8 de xullo morría aos 80 anos de idade o produtor de cine e televisión Enrique Nicanor (A Rúa de Valdeorras,1944-2025). Recoñecido coa Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual en 2005 pola súa traxectoria, dirixiu o Ourense Film Festival (OUFF) na súa provincia natal, entre os anos 2007 e 2010, contribuíndo á súa apertura internacional. Nicanor foi un recoñecido director y produtor de cine e televisión, pioneiro na animación en España. Formado na Habana, onde emigrou cos seus pais en 1950, a súa traxectoria profesional levouno por Francia e volveu a España nos primeiros anos de democracia, por convite do entón presidente Adolfo Suárez. En TVE dirixiría a Segunda canle entre os anos 1983 e 1988, tras do que foi designado Comisario para Europa en audiovisual, en representación de España. No seu traballo en TVE participou en numerosas producións, como a adpatación española do programa infantil 'Barrio Sésamo'. Tanto desde a Academia Galega do Audiovisual como desde o OUFF manifestaron as súas condolencias polo pasamento de Nicanor, recoñecendo nel unha referencia indispensable do sector.