O Ourense Film Festival premiará ao modisto Adolfo DomÃnguez coa Calpurnia Especial 25 anos na vindeira edición do festival. Segundo o comunicado do OUFF trátase dun recoñecemento moi merecido para o ourensán, que estudou Cine e Arte en ParÃs e sempre estivo moi vencellado coa sétima arte. De feito, foi o produtor de La moños, a primeira pelÃcula en proxectarse na gala inaugural da primeira edición no ano 1996, abrindo o camiño a 25 anos de historia do Festival de Cine de Ourense. Lembran desde a OUFF que a produción de La moños foi unha das achegas de DomÃnguez ao mundo do cinema, un filme dirixido por Mireia Ros e está baseada na historia dunha muller icónica e estrambótica que percorrÃa as rúas do barcelonés barrio do Raval a principios do século XX. Estivo nomeada a un Premio Goya á Mellor Dirección Novel.
Adolfo DomÃnguez naceu en Trives en 1950. Creceu entre costuras antes de
trasladarse a estudar Belas Artes e CinematografÃa a ParÃs. De volta ao seu
Ourense, decide centrarse no mundo da moda e no 76 abre a súa primeira
tenda na cidade. Xa nos 80 amplÃa miras, pasando a facer deseños tamén para
muller e popularizando a súa frase máis mÃtica A engurra é bela. Co paso dos anos, o nome de Adolfo DomÃnguez fÃxose un oco imprescindible no panorama mundial da moda. Abre tendas por todo o mundo e saca coleccións de complementos, cosmética e perfumes. Recibe importantes recoñecementos como a Agulla de Ouro ou o Premio Nacional de Deseño no 2019. Tamén ten unha Medalla Castelao (2002) e forma parte da Academia Galega de Belas Artes desde 2012.