O Ministerio de Cultura achégalle 800.000 euros ao castelo de San Felipe

O investimento servirá para recuperar integramente a Casa do Gobernador

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Castelo de San Felipe, en Ferrol, acaba de recibir o maior investimento nunca feito polo Goberno Central para a súa recuperación. O Ministerio de Cultura aprobou recentemente achegar un total de 794.987 euros que destinarán a rehabilitación total da chamada Casa do Gobernador, no interior deste conxunto. Coa licenza de obra xa solicitada, esta previsto que a intervención fique rematada nun prazo de dez meses. A dirección dos traballos correrá a cargo do arquitecto Iago Seara, segundo adianta Diario de Ferrol.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ministerio de Cultura, Castelo de San Felipe, Iago Seara...

Claves

Protagonistas
Conceptos